NO 2010 NEN UN EURO PARA A CIDADE DA CULTURA

NO 2010 NEN UN EURO PARA A CIDADE DA CULTURA

Pidenlle a Nuñez Feijoo que elimine os fondos para a Cidade da Cultura

Plataforma Cidadán Cultura Si, Mausoleo Non, plantexoulle hoxe ao Presidente da Xunta  que o proxecto dos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2010, poña fin ao proxecto ideado por Manuel Fraga e continuado por Touriño e Quintana. Ademais os orzamentos deben contemplar medidas para o cambio e reconversión dos usos e destinos da Cidade da Cultura. Co fin de ter en conta as necesidades reais dos cidadáns galegos.

 

A continuidade dos destinos dos edificios e os contenedores previstos hai 10 anos por Fraga e Perez Varela, están caducos e obsoletos. As necesidades actuais da Cultura en Galicia non pasan por unha concentración das inversións da Consellería de Cultura única e exclusivamente nas obras do Gaiás, centralizando o groso dos orzamentos, nunha única infraestrutura, carente de programación cultural inmediata e que deixa a cero os recursos dispoñibles para calquera outra actividade cultural.

 

O burato sen fondo da Cidade da Cultura, obriga á consellería de Cultura a practicar vías de financiación privada, nunha fuxida cara a industrialización e mercantilismo da cultura alleo á dinámica cultural galega e que supon unha falta de compromiso coa xestión pública e o fomento da programación cultural de base.

 

Os orzamentos do 2010 non poden consolidar unha Cidade da Cultura, de espaldas aos intereses dos galegos, e centralizar todas as inversións nuns edificios arquitectónicos que non dan encontrado destino nin contenidos. A Plataforma Cidadán Cultura Si, Mausoleo Non propon que os orzamentos do 2010, eliminen a construcción dos dous edificios aínda non iniciados, a concentración en dous dos edificios xa construidos das dependencias da Administración autonómica espalladas por Santiago de Compostela e que teñen un coste de 6 millóns de euros anuais en alugures (destinando esta cantidade e os edificios de San Caetano a funcións de benestar social de atención á terceira idade) e os edificios restantes adecualos para que poidan ser usados con fins sanitarios e educativos.

Pedimoslle a sensibilidade suficiente ao Presidente da Xunta, para que teña en conta nos orzamentos do ano 2010 que cos cartos da Cidade da Cultura, poidera haber hoxe em Galiza tres hospitais mais como o Clinico de Santiago, ou 215 escolas públicas de infantil e primaria ou 30 residencias de maiores como a da Volta do Castro.

Nuñez Feijoo non pode seguir coa política que quere convirter á Cidade da Cultura nun  negocio lucrativo ou standarte para perpetuarse no poder. Desde Cultura Si, Mausoleo Non o noso obxectivo é reconvertir unha lousa para a cultura galega nun complexo útil para os cidadáns e cubrir necesidades nas que somos deficitários ou imos no furgon de cola de Europa.