Pidenlle a Nuñez Feijoo que elimine os fondos para a Cidade da Cultura
![]() |
Plataforma Cidadán Cultura Si, Mausoleo Non, plantexoulle hoxe ao Presidente da Xunta que o proxecto dos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2010, poña fin ao proxecto ideado por Manuel Fraga e continuado por Touriño e Quintana. Ademais os orzamentos deben contemplar medidas para o cambio e reconversión dos usos e destinos da Cidade da Cultura. Co fin de ter en conta as necesidades reais dos cidadáns galegos. |
A continuidade dos destinos dos edificios e os contenedores previstos hai 10 anos por Fraga e Perez Varela, están caducos e obsoletos. As necesidades actuais da Cultura en Galicia non pasan por unha concentración das inversións da Consellería de Cultura única e exclusivamente nas obras do Gaiás, centralizando o groso dos orzamentos, nunha única infraestrutura, carente de programación cultural inmediata e que deixa a cero os recursos dispoñibles para calquera outra actividade cultural.
O burato sen fondo da Cidade da Cultura, obriga á consellería de Cultura a practicar vías de financiación privada, nunha fuxida cara a industrialización e mercantilismo da cultura alleo á dinámica cultural galega e que supon unha falta de compromiso coa xestión pública e o fomento da programación cultural de base.













